Saturday 18 de May de 2024

Jacobo Ríos anuncia unha segunda parte de ‘El inmenso mar de los olvidados’ na súa presentación na biblioteca de Ordes


A biblioteca municipal de Ordes acolleu a presentación do libro ‘El inmenso mar de los olvidados’. Un acto que aproveitou o seu autor Jacobo Ríos, natural de Ordes, para anunciar unha segunda parte que verá a luz nos vindeiros meses. Acompañado do editor José Luis Pardo Caeiro, Jacobo Ríos falou ao público asistente dos afundimentos de navíos na Costa da Morte, do naufraxio da frota de Padilla, dos núcleos de poboación da costa galega, así como da vila da Coruña no século XVI, tendo en todo momento o mar como fío condutor da súa intervención.